jueves, 11 de abril de 2013

Bmx Definición:

BMX orixinouse a comezos dos anos 1970 en California. Cando os mozos intentaban imitar os campións de motocrós coas súas bicicletas nunha modalidade moi concreta e arriscada ademais de ser perigoso. No ano 1970 xeneralizouse a variante coñecida como carreiras en circuítos de terra, moi similares aos realizados con motos mais non obstante usadas con bicicletas. Máis tarde, a mediados da década dos 80, empezouse a usar a BMX bicicleta especial para facer trucos de freestyle, o pioneiro e exriderprofesional, Bob Haro foi dos primeiros en usar a BMX en skateparkse que de feito foi pai do freestyle, creo as primeiras bicicletas exclusivas de freestyle as que empezaron a conseguir unha gran variedade de trucos ata consolidar nos anos 1990 o flatland e outras modalidades como dirtvertpark, e street.
Máis concretamente, en 1977, a American Bicycle Association (ABA) organizouse como unha entidade nacional para o crecemento do deporte que se introduciu en Europa en 1978. En abril de 1981, fundouse a Federación Internacional de BMX, e o primeiro campionato do mundo celebrouse en 1982. Dende xaneiro de 1993 o BMX foi integrado dentro da Unión Ciclista Internacional(UCI)esta por iso chego a facer un xogo e deporte olímpico.